Subvencións a entidades sen fin de lucro para programas da área de integración de inmigrantes

Convocatoria e normativa

  • Resolución do 18 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Migracións, pola que se convocan subvencións na área de integración de persoas inmigrantes.
  • Resolución do 29 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Migracións, pola que se publica o crédito dispoñible e a distribución definitiva dos créditos da convocatoria de subvencións para a integración de persoas inmigrantes, realizada por Resolución do 18 de xuño de 2014.
  • Resolución do 9 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Migracións, pola que se acorda a aplicación da tramitación de urxencia ao procedemento administrativo iniciado por Resolución do 18 de xuño de 2014, pola que se convocan subvencións para a integración de persoas inmigrantes.

Obxecto/Finalidade

O obxecto destas subvencións é a realización de programas que fomenten a integración social e laboral do colectivo de persoas inmigrantes. Trátase de programas de acollida integral, educativos extracurriculares, saúde, muller, fomento da participación, promoción da igualdade de trato e non discriminación, ademais doutras para o mantemento de actividades e funcionamento habitual da propia entidade etc.

Entidades beneficiarias

As entidades ou organizacións non gobernamentais que concorran á convocatoria deberán reunir os requisitos establecidos no artigo 4 da Orde ESS/1423/2012 do 29 de xuño:

  • Ter como fins institucionais primordiais a realización de actividades a favor dos colectivos citados no artigo 1.
  • Carecer de fins de lucro.
  • Ter ámbito de actuación estatal, excepto aquelas organizacións cuxo ámbito territorial de actuación sexa Ceuta e Melilla.
  • Deberán estar legalmente constituídas e inscritas no correspondente rexistro administrativo estatal. 5º Dispoñer da estrutura e capacidade suficientes para garantir o cumprimento dos obxectivos, acreditando a experiencia operativa necesaria.
  • Non ter reintegrado máis do 40 por cento das axudas e subvencións recibidas en calquera das últimas cinco convocatorias.

Destinatarios dos programas

Poderán participar nestes programas os inmigrantes en situación de vulnerabilidade social ou risco de exclusión social.

Prazo de presentación de solicitudes

De conformidade co artigo 6 da Orde ESS/1423/2012 do 29 xuño, as solicitudes para participar na presente convocatoria deberán presentarse no prazo de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente Resolución no «Boletín Oficial del Estado».

Bases reguladoras da convocatoria

Orde ESS/1423/2012, do 29 de xuño, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións na área de integración dos inmigrantes, solicitantes e beneficiarios de protección internacional, apátridas e protección temporal. (BOE 30/6/2012)

Correción de erros.

Formularios

Aquí poderanse atopar todos os documentos necesarios para cumprimentar a solicitude, para presentar tras a recepción provisional e para xustificar a subvención concedida. Tamén se poden atopar na publicación da Resolución no BOE ou na propia Dirección Xeral de Migracións, r / José Abascal, nº 39, 28003 Madrid.