O FIS, boa práctica internacional pola ONU
O Grupo de Traballo Interinstitucional das Nacións Unidas sobre Economía Social e Solidaria (UNTFSSE) seleccionou o FIS como unha das boas prácticas de España en Economía social. No informe Boosting the contribution of social and solidarity economy entities to sustainable development, a UNTFSSE destaca o FIS como un exemplo de política pública que impulsa o acceso ao financiamento de organizacións e empresas da Economía Social e solidaria, o que facilita a súa contribución ao desenvolvemento sostible.